fachada_OBSERVADORES_rec.jpg

Roberto González Fernández. Observadores observados

Do 12 de maio ata o 30 de setembro de 2017
-
Salas do museo
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Catálogo:
Si

ROBERTO GONZALEZ FERNANDEZ

OBSERVADORES OBSERVADOS

 

Roberto González Fernández ocupará de forma inusitada e insólita as diversas salas do Museo de Belas Artes, intercalando entre as obras da colección permanente do museo 33 personaxes da súa serie Dobremente Vixiados.

W-DV (Dobremente Vixiados) é unha serie formada por un centenar de retratos ao óleo sobre lenzo de 19 x 12 cm. Todos teñen en común o xesto de taparse a cara coas súas mans, formando a W cos dedos. Xesto de meditación ensimesmada, e á súa vez de infantil e inútil intento de escondernos e protexernos, tapándonos o rostro. W da omnipresente rede informática nun mundo globalizado, que á vez que nos conecta, contrólanos e vixíanos. Vixiamos e vixíannos. Dobremente vixiados.

No  Museo de Belas Artes, estes personaxes, -todos eles homes-, dos que só coñecemos as súas iniciais e profesión,- Incluíndo a un pescador,  a un físico nuclear, un xardineiro, críticos de arte, arquitectos, avogados, pintores, un taxista ou varios fotógrafos entre outros-, establecen un xogo sutil con obras da colección pero tamén co mesmo edificio.  Para axudarnos a entender estas curiosas relacións, o arquitecto Pedro Taboada recreou de forma imaxinativa, a través de enigmáticos textos (1), o diálogo que se establece entre eles, proporcionándonos pistas e sinais, tan poéticas como intrigantes, que poderían axudarnos a chegar a nosa propia interpretación desta intervención de Roberto González Fernández.

Catálogo da exposición

O Museo de Belas Artes da Coruña recopila no catálogo Observadores observados as imaxes que participaron nesta instalación de Roberto González Fernández, que tivo lugar entre o 12 de maio e o 30 de setembro do 2017.

+ info

catálogo rgf