Observadores observados : intervención no Museo de Belas Artes da Coruña

Autores/as:
VV.AA.
Categoría:
Material textual - Publicación en papel - Libro
Edición:
1
Ano:
2017
Páxinas:
82
Edita:
Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
A Coruña: Museo de Belas Artes da Coruña
ISBN:
978-84-453-5257-1
Ilustracións:
color
Sinopse:

Catálogo da exposición de Roberto González Fernández Observadores observados, unha instalación que tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña entre o 12 de maio e o 30 de setembro de 2017.

Observadores observados foi unha instalación distribuída polas distintas salas do museo, e composta por trinta e tres retratos masculinos pertencentes á serie Doblemente Vigilados (W-DV), un ambicioso traballo de Roberto González Fernández. A través dela, o autor establece un diálogo entre os seus lenzos e unha selección de pezas da colección permanente, introducindo así un elemento interesante no propio discurso expositivo do museo que invita ao público a revisitar a colección e a achegarse a ela desde una perspectiva totalmente innovadora. En cada un destes lenzos o autor mostra a todo tipo de personaxes que se cobren o rostro coa W –formada polas súas mans-, símbolo da sociedade Web 2.0 na que vivimos, lembrándonos o seu papel de observadores observados. Na proposta de Roberto González para o Museo, confrontaríase a ambos, os personaxes da serie “Dobremente Vixiados” están colgados en lugares insólitos, observando os cadros das distintas salas do museo e interactuando co visitante.