MUSEO VIRTUAL

Proxecto dirixido a aqueles públicos que, por causas diversas, non teñen a posibilidade de desprazarse ás instalacións do museo, polo que os contidos trasládanse ata os seus centros. 

Desde o ano 2021 este proxecto fai uso da realidad virtual como ferramenta educativa, a través do deseño de percorridos inmersivos que se levan a cabo gracias ao uso de lentes VR. 

Para cada edición elabórase unha nova visita didáctica virtual.


Edición 2021: Descubrir o museo

Tendo en conta as circunstancias sanitarias, Descubrir o museo fai uso da realidade virtual como ferramenta educativa.

Gracias a unhas lentes de VR realízase un percorrido virtual e inmersivo polo Museo de Belas Artes no que un curto "documental" vai amosando as instalacións internas coma os almacéns ou o laboratorio de restauración, así como ás coleccións e actividades habituais.

 

Edición 2022: Os segredos que esconden as obras

Experiencia virtual na que se explican os cambios experimentados polas obras de arte ao longo dos séculos, así como os aspectos sociais e culturais que motivaron devanditos cambios, a través do percorrido virtual por salas do museo, que se realiza co acompañamento dunha educadora que comparte o espazo virtual cos participantes, grazas á experiencia multixogador.

Ao finalizar o percorrido, realizábase un taller de pintura, tamén virtual, e as obras resultantes foron expostas no Museo durante os meses de verán.

 

Edición 2023: A orixe dos museos

A partir da obra O gabinete do coleccionista, cadro realizado cara 1630 por Frans Francken, explícase a orixe dos museos e a súa diversidade. Para iso, os participantes penetran nunha reconstrución virtual deste gabinete do século XVII, onde a educadora comparte espazo con eles para facerlles unha introdución á historia do coleccionismo e explicarlles os xéneros pictóricos representados na escena: o retrato, a pintura relixiosa, representada en cadros como a Epifanía e a Verónica; a mitoloxía, en mitos clásicos como o Xuízo de Paris, o Triunfo de Neptuno e a Dánae, ou a paisaxe, con moitos exemplos neste gabinete.

Rematada a visita, os participantes poden realizar un taller individual consistente no deseño do seu propio gabinete de coleccionista. Para iso, se lles proporciona un espazo virtual baleiro, que teñen que decorar coas obras que escollan dentro dunha selección da colección do Museo.