Tomás Barros. A doazón

Autores/as:
Equipo Técnico-Facultativo do Museo de Belas Artes da Coruña
Categoría:
Material textual - Publicación en papel - Libro
Edición:
1
Ano:
2024
Volumes:
1
Páxinas:
55
Edita:
Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura
Idiomas:
Galego
Castelán
ISBN:
9788445354919
Colección:
Catálogo de exposición
Ilustracións:
color
Encadernación:
Tapa blanda
Temas:
Arte
Pintura
Sinopse:

Catálogo da exposición 'Tomás Barros. A doazón' celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 2 de maio ao 15 de setembro de 2024. 

No catálogo preséntase a doazón á Xunta de Galicia de 22 obras de Tomás Barros Pardo (1922-1986) realizada en 2017 polos seus fillos Araceli e Tomás Barros Cao, con destino ao Museo e Belas Artes da Coruña a través da Dirección Xeral de Cultura.

Trátase dunha colección composta de sete óleos, catro debuxos realizados en ceras de cores sobre papel, unha acuarela e dez gravados coa técnica de linografía, que veñen a completar a representación deste artista na colección do Museo. Estas obras permítennos coñecer a súa faceta artística como pintor e gravador. A súa obra plástica está moi vinculada á creación intelectual que desenvolveu en disciplinas como o teatro, a poesía, o ensaio, os estudos de estética e de pensamento.

 

A edición presenta o texto paralelo en galego e castelán. 

Medidas: 24 x 17 cm

 

10.00€