Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia

Autores/as:
Sonia Martínez Requena
Categoría:
Catálogo de exposición
Ano:
2023
Páxinas:
128
Edita:
Fundación Museo Sorolla
P&M Ediciones
Idiomas:
Castellano
Galego
ISBN:
987-84-8003-563-7
Colección:
Sorolla. Viajar para pintar
Ilustracións:
Color
Encadernación:
Rústica con solapas
Temas:
Sorolla
Galicia
Sorolla en Galicia
Sinopse:

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia", que edita a Fundación Museo Sorolla con P&M Ediciones no marco do programa “100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla”, un dos grandes eventos culturais do ano que conmemora o centenario do falecemento de Joaquín Sorolla Bastida (Valencia, 1863 - Cercedilla, Madrid, 1923). Dentro deste programa, o Museo Sorolla e a Fundación Museo Sorolla colaboran estreitamente con museos destacados de varias comunidades autónomas co obxectivo de trasladar a obra deste artista ao lugar no que foi creada. Nesta ocasión, preténdese poñer en contexto as estancias que o pintor realizou en terras galegas, e como estas axudaron a agrandar a súa produción artística. Así, esta mostra é unha oportunidade para poñer en valor a obra do pintor valenciano, pero tamén para relacionala coa de varios artistas galegos de principios do século XX.

O catálogo da exposición edítase en castelán e ofrece dous ensaios: a presentación do proxecto Sorolla. Viajar para pintar a cargo de Acacia Sánchez Domínguez, técnico d Museo Sorolla, e a explicación do contido da exposición "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia" pola comisaria Sonia Martínez Requena, conservadora do Museo Sorolla. Complétase coa relación catalográfica das preto de 70 obras que compoñen a mostra. Inclúe un apartado da bibliografía e a tradución dos textos ao galego.

 

O catálogo polo momento non se vende no museo senón que se poderá adquirir na tenda do Museo Sorolla de Madrid ou a través da venda en liña na súa páxina web.

22.00€