
Celebración do Día Internacional do Libro 2023
O día 23 de abril celébrase o "Día Internacional do Libro", e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:
Biblioteca do Museo
Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro”, a Biblioteca do Museo de Belas Artes realizará as seguintes actividades entre os días 21 e 28 de abril:
Exposición bibliográfica "Picasso e Coruña"
Como complemento á exposición temporal Picasso branco no recordo azul, presente nas salas do Museo, desde a biblioteca realizamos unha mostra bibliográfica cunha selección de bibliografía de Picasso que recolle información sobre a estancia de Picasso en A Coruña (anos 1891 a 1895).
Presentación da Guía do Museo de Belas Artes da Coruña (ed. 2022)
A través dunha selección de 280 pezas da colección permanente, a guía supón un percorrido desde o século XVI ata o século XX, no ámbito artístico español e europeo, cunha especial atención á arte galega. Estrutúrase de forma cronolóxica e temática, a través das seccións de pintura, escultura, debuxo, gravado, artes decorativas, cerámica, numismática e fotografía, que constitúen os fondos do Museo.
Máis información bibliográfica: https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/museo/biblioteca
Compra en liña: https://museobelasartescoruna.xunta.gal/es/museo/publicaciones/guia-del-museo-de-belas-artes-da-coruna
Bookcrossing no Museo de Belas Artes da Coruña
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará a partir deste venres 21 de abril nunha actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por máis de 40 centros de arte e museos de toda España.
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará a partir do venres 21 de abril, nunha actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por algo máis de 40 centros de arte e museos de toda España.
-
Bookcrossing virtual: cada biblioteca compartirá en liña un libro da súa colección, nun vídeo colaborativo.
- Bookcrossing presencial: Habilitarase un espazo na entrada do Museo, onde os interesados, no horario de apertura do Museo, poderán consultar e recoller as publicacións, que estarán rexistradas en www.bookcrossing-spain.com.
O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.
Anexo | Tamaño |
---|---|
celebracion-do-dia-do-libro-2023.pdf | 422.55 KB |