Biblioteca

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña é unha biblioteca especializada en arte, adscrita á Rede de Bibliotecas de Galicia.

A biblioteca, atendida por persoal especializado, supón un servizo fundamental para o persoal técnico do museo no traballo diario de catalogación e investigación de obras, ademais de na organización de exposicións temporais e actividades culturais.

O acceso á mesma está aberto a investigadores, especialistas e público en xeral interesados na súa temática, con solicitude previa.

O fondo bibliográfico inclúe máis de 18.500 volumes impresos (obras de referencia, monografías, catálogos de exposicións...), e un importante número de publicacións periódicas nacionais e internacionais e catálogos de poxas, entre outros materiais.

As áreas temáticas que comprende son: historia da arte galega, española e universal, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía e outras materias afíns.

 

FONDO BIBLIOGRÁFICO E COLECCIÓNS

 


CATÁLOGO

O catálogo da biblioteca está dispoñible a través de Internet :

Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia 

Unha vez acceda ao catálogo, na opción Na biblioteca, escribir: A Coruña - Biblioteca do Museo de Belas Artes

Ademais dos fondos que figuran no catálogo, para a consulta de números concretos de publicacións periódicas, catálogos de poxas e outros materiais, contactar directamente coa biblioteca.

 


CONMEMORACIÓNS 

Día Internacional da Muller. 2023. 8 de marzo

Muller, arte e feminismo. Selección bibliográfica

 

Día internacional das Bibliotecas 2022. 24 de outubro

Novidades 2022. Selección bibliográfica

 

Día Internacional dos Museos 2022. 18 de maio.

Museoloxía. Selección bibliografíca 2017-2022

 

Día Internacional do Libro 2022. 23 de abril.

Actividades

 

Día Internacional da Muller 2022. 8 de marzo.

Mulleres artistas, mulleres e arte. Selección bibliográfica 

 


NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Exposición temporal After the Whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño. Bibliografía 

 

Monografías

Publicacións periódicas

 


PUBLICACIÓNS DO MUSEO

Consulta o listado de publicacións do museo

 


INFORMACIÓN PRÁCTICA

HORARIOS E CONDICIÓNS DE ACCESO

SERVIZOS AO PÚBLICO

SERVIZOS A INSTITUCIÓNS

CONTACTA COA BIBLIOTECA

 

MÁIS INFORMACIÓN 

Historia da biblioteca

Espazos e instalacións

Consulta a biblioteca en Pinterest