CLUB DE LECTURA 2ª edición

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña lanza a segunda edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo, en colaboración coa Asociación de Amigos.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos

Coordina: Cecilia Monllor

Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte. Sen límite de idade

Horarios:

  • Grupo Tarde: Mércores 12 de marzo, 9 de abril, 14 de maio, 11 de xuño de 2025, de 18:00 a 20:00h
  • Grupo Mañá: Martes 18 de marzo, 22 de abril, 20 de maio, 17 de xuño de 2025, de 11:00 a 13:00 horas

Funcionamento:

Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
Recomendacións doutros títulos de interese.

Títulos*:

  • El retrato de Dorian Grey, de Oscar Wilde
  • El infinito en un junco, de Irene Vallejo
  • El nervio óptico, de María Gainza

* Os títulos están suxeitos á dispoñibilidade na Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG), polo que podería haber algún cambio.


Máis información e inscrición enLecturArte. Clube de lectura.