CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DO MUSEO

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta LecturArte, o primeiro clube de lectura organizado desde o museo, en colaboración coa Asociación de Amigos.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos

Coordina: Cecilia Monllor

Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte. Sen límite de idade

Datas: do 18 de setembro ao 11 de decembro de 2024

Horario: 18:00 a 20:00h


Funcionamento:

Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
Recomendacións doutros títulos de interese.

Calendario e títulos:

  • 18 de setembro: presentación da actividade e entrega dos exemplares da lectura do mes de outubro.
  • 9 de outubro: Lectura e comentario de Charlotte de David Foenkinos (biografía de artistas).
  • 13 de novembro: Lectura e comentario de La liebre con ojos de ámbar: una herencia oculta de Edmundo de Waal (coleccionismo e arte).
  • 11 de decembro: Lectura e comentario de Lo que queda de luz de Tessa Hadley (artistas e galerías de arte).

Máis información e inscrición en: LecturArte. Clube de lectura.