CONCERTO NO MUSEO

Data: Xoves, 2 de Decembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Salón de actos do museo*

"Olympia + Reflexiones de un músico iletrado"

Quinito Mourelle (composición e piano) e Roberto Somoza (clarinete baixo)

En Olympia, a sétima gravación discográfica de Quinito Mourelle, conflúen música e literatura. O afeccionado á primeira poderá gozar de 19 temas de breve duración que son unha colección de estampas: emocións, homenaxes a persoas de onte e de hoxe, paisaxes, ideas, estados de ánimo... Unha vez máis, Mourelle conta coa participación de Roberto Somoza -nesta ocasión co clarinete baixo- neste proxecto a dúo que foi xestándose e madurando ao fío de conversacións e ensaios. Prescindindo do superfluo, centráronse en ofrecer só a esencia de cada tema para brindar ao oínte un paseo sereno e sentido por esas 19 visións. Clásica, jazz, paisaxismo… cada un poderá sentir este disco como queira.

O lector atopará ademais, nun libreto de 20 páxinas, o texto titulado Reflexiones de un músico iletrado, un feixe de pensamentos e impresións que viran ao redor da relación entre a escritura musical e a literaria, pero que trasluce tamén moitas outras cuestións: a vida moderna, o paso do tempo, a beleza, a decadencia e a esperanza etc.


*Entrada libre ata completar aforo
AVISO: Segundo a lexislación vixente sobre medidas de prevención ante a crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, é obrigatorio o uso da máscara durante a celebración do concerto.