
Exposición de traballos dos obradoiros de verán
Logo de sete semanas e coa participación de preto de 140 rapaces e rapazas entre os 4 e os 12 anos, o 2 de setembro finalizaron as actividades de Saíndo do cadro, obradoiros organizados polo Museo de Belas Artes da Coruña e financiados polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España, para favorecer a conciliación das familias, cun enfoque de plena igualdade.
Os traballos realizados durante estas semanas de verán estarán expostos no museo ata o día 11 de setembro.