EXPOSICIÓN PRORROGADA

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a ampliación do periodo expositivo da mostra “After the whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño” ata o vindeiro 11 de decembro de 2022.

PRÓRROGA DA EXPOSICIÓN

AFTER THE WHALE

UN DIÁLOGO CO MUSEO. MANUEL VILARIÑO

Ata o 11 de decembro de 2022. Museo de Belas Artes da Coruña

 

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a ampliación do periodo expositivo da mostra “After the whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño”, na que se establece un diálogo entre as imaxes do artista e as obras de arte da colección do museo.

A mostra inaugurouse o pasado 24 de maio cunha data inicial prevista de finalización do 13 de novembro, mais debido ao éxito de visitas e á boa acollida por parte do público visitante, a dirección do museo acordou xunto co fotógrafo Manuel Vilariño prorrogar a mostra un mes máis para cubrir a ampla demanda de visitas, polo que permanecerá aberta ao público ata o 11 de decembro de 2022.

Así mesmo, o Museo de Belas Artes da Coruña continuará a ofrecer as visitas guiadas para o público en xeral que se viñan desenvolvendo os sábados ás 18:30 horas. A derradeira das visitas será o 3 de decembro.

 

INFORMACIÓN

Horarios de apertura:

Martes a venres de 10 a 20 horas

Sábados de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas

Domingos de 10 a 14 horas.

 

Exposición:

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/exposicions/after-whale-un-dialogo-co-museo-manuel-vilarino  

 

Visitas:

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/visitas-guiadas-exposicion-after-whale