AFTER THE WHALE. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño

25.05.2022-13.11.2022 -> PRORROGADA 11.12.2022
-
Museo de Belas Artes da Coruña
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Comisario:
Fernando Castro Flórez
Catálogo:
Si

After the whale. Un diálogo co museo é o resultado dun ambicioso proxecto expositivo de Manuel Vilariño, onde o artista realiza unha poética lectura sobre a vida e a morte, dous dos seus temas máis recorrentes, cos que personifica seres e elementos da natureza salvaxe.

O Museo de Belas Artes da Coruña, como institución viva e dinámica e dentro das conmemoracións do centenario da súa creación, asume o reto de amosar, sen perder as súas referencias históricas, aqueles discursos expositivos que nos permiten coñecer e interpretar o pensamento e os modos de acción da arte contemporánea.

A EXPOSICIÓN

A través dun intenso exercicio de rememoración, as obras de Vilariño preséntanse como "contrapunto" ás obras do Museo de Belas Artes, levando a cabo unha revisión dos xéneros artísticos tradicionais coma paisaxe, retrato, nú e natureza morta; incorporando nas salas do museo unha selección das súas obras e creando un diálogo creativo entre elas e as pezas da colección permanente. 

Asi mesmo, o artista interrógase sobre a natureza da fotografía e a súa presencia nun museo de belas artes,  revisando a hexemonía da arte occidental pondo como contrapunto obras de arte oriental e africana, a través de música, escultura e poesía.

A intervención do museo inunda todos os espazos: tanto nas salas de exposicións temporais coma nas da colección permanente, pódense contemplar obras emblemáticas do artista, fotografías inéditas, haikús e poemas. Nas salas de temporais, preséntanse obras referenciais que aluden á experiencia da finitude; no vestíbulo do Museo, atópanse suspendidos un esqueleto de balea e a reprodución dun cetáceo, xunto con paisaxes mariñas e a peza Paraíso Fragmentado, presentada na Bienal de Venecia do ano 2007.

Nas salas da Colección Permanente, fotografías, vitrinas con obxectos e libros contextualizadores, esculturas, instalacións e vídeos, teñen o protagonismo na articulación do espazo, destacando pezas coma Seda de caballo ou Satori.

Así, a exposición componse de fotografías de gran formato, vídeos e instalacións que suman un total de 51 pezas que dialogan coas obras expostas no museo. Algunhas delas, de forte carga alegórica, teñen relación directa co xénero da natureza morta; outras, vincúlanse con outros xéneros da pintura como a paisaxe ou o retrato.

O ARTISTA

Manuel Vilariño nace na Coruña en 1952. Artista visual e poeta, iníciase na fotografía nos anos 70 do pasado século XX. A súa primeira exposición ten lugar en Ferrol, en 1983, na que comeza a súa obra a espertar o interese do público e da crítica.

No ano 2007, gaña o Premio Nacional de Fotografía do Ministerio de Cultura de España, e participa no Pavillón Español da Bienal de Venecia coa súa peza, Paraíso Fragmentado (1999-2003), que forma parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Entre as súas exposicións máis recentes, destaca a que realizou na Tabacalera de Madrid en 2013, e a antolóxica do CGAC, no ano 2015.

Máis información sobre o artista

 

Catálogo da exposición

O Museo de Belas Artes da Coruña recopila no catálogo Manuel Vilariño. After the whale o resultado da intervención do artista no museo, un diálogo entre as súas fotografías e as obras da colección do Museo. 

+info

after the whale

Imaxes:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Videos:
Video Url:
Documentos:
Anexo Tamaño
nota_de_prensa_gal.pdf 876.96 KB
nota_de_prensa_cast.pdf 894.03 KB