Felipe Criado. Cadaquén que piense lo que quiera Exposición homenaxe
O MUSEO DE BELAS ARTES INAUGURA A MOSTRA HOMENAXE AO PINTOR FELIPE
CRIADO CON MOTIVO DO SEU PRIMEIRO ANIVERSARIO
Desde o xoves 13 de novembro ata o 11 de xaneiro do 2015, o Museo
de Belas Artes acolle unha mostra coa que pretende rendirlle una sentida homenaxe
ao pintor Felipe Criado logo dun ano de deixarnos.
Aínda que naceu en Xixón e
tivo unha nenez condicionada pola vida laboral errática do seu pai, a partir
dos oito anos chega a Galicia e instálase coa familia en Ourense e Santiago de
Compostela onde inicia os estudos de Medicina, que máis tarde abandona para
entrar en contacto co arte. Entra no
taller do escultor Francisco Asorey e seguidamente na Escola de Artes e
Oficios de Santiago. En 1954 ingresa na Escola Superior de Bellas Artes de San
Fernando onde vai a ter como compañeiros a pintores como Lucio Muñoz ou Antonio
López.
En 1967 instálase en A Coruña, onde logra forxar un destacado
lugar dentro da plástica coruñesa contemporánea que compaxinará coa labor de
docencia no instituto Eusebio da Guarda como catedrático de Debuxo e como
muralista. Se como pintor deixou máis de cen obras, na outra faceta podemos
contabilizar ata sete murais, algúns de grandes dimensións coma o realizado
para o propio instituto no que foi docente, cunhas medidas que rondan os 7 x
3,5 ms no seu conxunto. Precisamente, o
Instituto Eusebio da Guarda, paralelamente ao período en que se exhibe a
mostra homenaxe no Museo de Belas artes,
terá abertas as súas portas durante as tardes para brindar ao público a
posibilidade de contemplar o mural que
Felipe Criado instalou no interior das súas dependencias.
A exposición no Museo reúne en torno a 36 pinturas, algunhas de
gran formato, e outras, son pezas máis pequenas que forman todas xuntas unha
especie de mosaico ou gran cadro, no que destacan esencialmente fisonomías
diversas e dispersadas por todo o espacio da obra, sen unha ordenación aparente
nin tampouco unha obstaculización entre as individualidades que o poboan, de aí
o suxerente título que o denomina “Cadaquén que pense o que queira”. O contido
da exposición que conta ademáis cunha trintena de debuxos, foi seleccionado
polo comisario da exposición Antón Castro que contou co
apoio incondicional da familia do pintor.
Todas elas son obras de diferente signo, creadas nos últimos catro
anos da súa vida sobre diferentes
soportes de tipo tela, madeira ou papel.
O repertorio de imaxes que recrea permíten aglutinar unha boa parte das
obras en torno ás tres series Santander, Ponpeianas e Paraugas.
Santander, realizaa a
partir dun acontecemento que presencia na infancia, durante a Guerra Civil: o
bombardeo da cidade de Santander pola aviación alemana da Lexión Cóndor, e lle causa
unha forte impresión que queda gravada na súa retina para o resto da vida. O
núcleo desta serie está representado por catro cadros de considerable formato e
unha serie de bocetos con debuxos. Todos
están cargados dunha gran expresividade que se plasma a través dun trazado rápido,
enérxico e un colorido encendido que reflicte a violencia e horror do suceso.
As outras dúas series (Pompeianas
e Paraugas) presentan unha iconografía que pon de manifesto a súa
preferencia pola representación pictórica da muller seguindo unhas coordenadas
clasicistas pero que, a súa vez, non
supoñen un obstáculo para plasmar unha visión contemporánea do mundo feminino.