Inauguración da exposición "After the whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño"

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña
PATROCINA: Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
LUGAR: Salón de actos do museo
DATA: Mércores, 25 de maio de 2022
HORA: 19:00h

O vindeiro mércores 25 de maio, ás 19:00h, inaugurarase a mostra "After the whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño, unha inigualable intervención dunha das figuras máis importantes da fotografía española contemporánea, Manuel Vilariño, nas salas do Museo de Belas Artes da Coruña.

A exposición componse de fotografías de gran tamaño, vídeos e instalacións que dialogan coas pezas da colección permanente do museo, baseándose nos xéneros pictóricos coma a natureza morta, a paisaxe, o espido ou o retrato.

Ao acto asistirá o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González, que estará acompañado polo artista, Manuel Vilariño; o comisario da mostra, Fernando Castro Flórez e a directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque. 


Para máis información: After the whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño.