INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL"

O Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración coa Asociación de Amigos do museo presenta a exposición do resultado dos traballos realizados nos obradorios do proxecto IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL durante o outono do ano 2025.

DATA: Venres 9 de xaneiro de 2026

HORA: 12:00 horas

 

O Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración coa Asociación de Amigos do museo presenta a exposición do resultado dos traballos realizados nos obradorios do proxecto IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL durante o outono do ano 2025.

 

DENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é una experiencia sociocultural iniciada en 2018, promovida polo Museo de Belas Artes e a Asociación de Amigos do Museo, e co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña.

Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade por atoparse desprazados dos seus lugares de orixe (xa sexa por razóns políticas ou económicas), por ser vítimas de malos tratos ou violencia de xénero, ou por verse en situación de dificultade ou illamento social, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.

Consiste na realización dunha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por artistas da cidade, nos que traballan diferentes técnicas (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) e xéneros artísticos para representar diversas formas de asumir a identidade persoal: xa sexa a través da súa imaxe e a do seu grupo (o autorretrato, tanto individual como colectivo), da súa contorna e do seu espazo (a paisaxe e os interiores) dos seu obxectos emotivos ou simbólicos (o bodegón), dos episodios do seu pasado e presente (o relato e a ilustración) e das emocións que todos estes elementos lles provocan (a abstracción e o uso expresivo dos trazos e as cores)

Como novidade, este ano incorporáronse novos colectivos, como Ecos do Sur, así como novos artistas e disciplinas, como o cine, da man da cineasta Ángeles Huerta, a música con Xurxo Fernándes ou a cerámica, con Susana Anta e Víctor Ares.

 

Artistas e colectivos participantes nesta VIII edición:

 

Tiras de peregrinación

Accem-Luisa Valdés

acuarela e tinta sobre papel

 

Acenos de identidade

CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago-Ali Ali

técnica mixta sobre táboa enteada

 

O cunco-niño

Centro Ocupacional Pascual Veiga-Víctor Ares

porcelana

 

Historias do cotián

Fundación Érguete-Manel Craneo

tinta sobre papel

 

Océanos

Fundación Juan Soñador-Manuel Suárez

acrílico sobre lona fina

 

A paisaxe identitaria

Cruz Vermella: migrantes-Raúl Álvarez

acrílico sobre lenzo

 

Pegadas que contan

Ecos do Sur-Iria do Castelo

gravado a punta seca

 

Miradas

Hogar de Sor Eusebia-Lara Pintos

acrílico sobre lenzo

 

A cicatriz

Amigonianos-Ángeles Huerta

curtametraxe de ficción

 

O autorretrato

Cruz Vermella: muller en risco-Tatiana Medal

acrílico sobre táboa enteada

 

Músicas tradicionais. De Senegal a Galicia

Ecodesarrollo Gaia-Xurxo Fernándes

 

Pintando o RAP

Centro Penitenciario de Teixeiro-Gosia Trebacz

acrílico sobre tea

 

Signos

Hogar de Santa Lucía-Susana Anta

cerámica

 

 

Máis información:

· na web da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña

· na web do Museo de Belas Artes da Coruña