Inauguración da exposición temporal "Habana Mater. 2003-2023. Luis Gabú"

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña
LUGAR: Salón de actos do Museo
DATA: Venres, 15 de maio de 2026
HORA: 19:00h

O venres 15 de maio de 2026, ás 19:00h, inaugúrase a mostra "Habana Mater. 2003-2023. Luis Gabú".

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza esta exposición en estreita colaboración co fotógrafo coruñés Luis Gabú e o equipo técnico do Museo de Belas Artes da Coruña. 

A exposición Habana Mater presenta o proxecto artístico de Luis Gabú como resultado do seu traballo persoal nas súas continuas viaxes a Cuba entre os anos 2003 e 2023. A través de 50 fotografías desprega a súa mirada sobre A Habana e o Centro Gallego desta cidade para capturar a súa visión intelectual e artística onde o silencio e a memoria son os protagonistas. É, en esencia, a presenza da ausencia.

O acto contará coa presencia do Director xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, acompañado polo director do Museo de Belas Artes da Coruña, Manuel Mosquera Cobián e polo fotógrafo Luis Gabú.


Máis información: Habana Mater. 2003-2023. Luis Gabú