OBRADOIROS DE VERÁN: ANATOMÍA DUN ARTISTA

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 16 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Con este fin, o Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado Anatomía dun artista.

 

Máis información aquí