
OBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO
OBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO
PLAN CORRESPONSABLES
Todos e todas soñamos algunha vez con saírnos do marco, da liña pautada... que mellor momento para facelo que o verán.... e que mellor vehículo que a arte.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 12 anos de idade, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes*.
Con este fin, o Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado SAÍNDO DO CADRO.
Os obradorios serán semanais, de martes a venres, no horario de 10:00 a 14:00 horas, impartidos desde o 19 de xullo ata o 2 de setembro de 2022.
En cada quenda semanal asistirá un máximo de 20 participantes de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, acompañados por 2 educadores. Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.
*Terán preferencia as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Máis información das quendas semanais, contido do obradoiro e inscrición na páxina web do museo