PARTICIPAMOS NA G-NIGHT 2026 | OBRADOIRO FAMILIAR
O Museo de Belas Artes da Coruña colabora coa G-NIGHT 2026 coa realización dun obradoiro familiar.
Unha obra agochada é unha experiencia participativa que convida as familias a descubrir unha obra do museo sen vela inicialmente. A través de pistas, descricións e diferentes estímulos sensoriais, as persoas participantes irán construíndo a súa propia interpretación ata que, finalmente, se revele a obra.
A actividade permitirá reflexionar, dunha maneira lúdica, sobre como percibimos e experimentamos a arte, sobre a diversidade de formas de acceder a ela e sobre a importancia de crear contornas culturais máis accesibles e inclusivas para todas as persoas.
Data: Venres 25 de setembro de 2026
Horario: 18:00 a 19:30 h
Destinatarios: Familias con crianzas de 6 a 10 anos.
Imparte: Mercedes Seoane Bouzas (Terapeuta Ocupacional, Facultade de Ciencias da Saúde, Universidade da Coruña)