PRESENTACIÓN CATÁLOGO

ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO (1849-2024)
LUGAR: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
DATA: Mércore, 5 de febreiro de 2025
HORA: 19:00h

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición “ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO (1849-2024). 23+1", mostra inaugurada o pasado 6 de novembro no Museo de Belas Artes da Coruña e composta por obras relacionadas con 23 académicos da Sección de Arquitectura da Academia comprendidas entre os anos 1849 ate o 2024. 

O acto estará dirixido pola directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque, e contará coa asistencia do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, os comisarios da exposición, Xosé Manuel Casabella López e Alfredo Sellier, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. Tamén estarán presentes os autores dos textos do catálogo e académicos da Real Academia Galega de Belas Artes.

O acto levarase a cabo o mércores 5 de febrero ás 19 horas no salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña.

 

O catálogo

O catálogo reúne diversos artigos de destacados arquitectos e especialistas da arte. Comeza cunha presentación por parte da directora do museo, Ángeles Penas Truque, "Acerca do proxecto Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024). 23+1". A continuación, os textos dos comisarios da mostra: Xosé Manuel Casabella López,  "No 175 aniversario da creación da Real Academia Galega de Belas Artes",  e Alfredo Sellier, "23 arquitectos, 1 marco, 1 contexto, 1 tempo",  así como as aportacións de Alberto Fuentes Valcárcel sobre "A Coruña soñada: os casos do Mercado de Santo Agostiño e da Escola Superior de Comercio"; José Ramón Soraluce Blond que trata sobre "Os académicos e as correntes arquitectónicas en Galicia", e Ramón Yzquierdo Perrín, sobre "Os académicos historiadores da arquitectura galega".  

Engade un extracto do artigo “Galicia e a súa arquitectura: Do Eclecticismo ao Modernismo (1875-1914)” (Boletín Académico ETSA, 1993), de Xosé Fernández Fernández, doutor en Historia da Arte e  profesor na Escola Técnica Superior da Coruña, dedicado a súa memoria.

O catálogo complétase coa relación dos 23 arquitectos académicos representados na exposición, cunha aproximación as súas biografías e á relación e imaxes de obras destacadas de cada un deles.

Editado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a publicación presenta o texto paralelo en galego e castelán, a encadernación en tapa blanda, con ilustracións a cor e un total de 214 páxinas. Medidas: 28,5 x 24 cm. 

 

+ Información

No seguinte enlace ofrécese información sobre a mostra, as actividades programadas (conferencias e visitas guiadas) e o catálogo da exposición.  

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/