Presentación da exposición "Picasso, branco no recordo azul"

O venres 10 de febreiro de 2023, ás 12 horas,  terá lugar a presentación da futura exposición Picasso, branco no recordo azul,  que se celebrará no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023, dentro do marco da Celebración Picasso.

Celebración Picasso 1973-2023 xira ao redor dunhas cincuenta exposicións e eventos que se celebran en institucións culturais de renome de Europa e América do Norte que, xuntas, abordan unha análise historiográfica da súa obra. A conmemoración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España, permite facer balance das investigacións e interpretacións sobre a obra de Picasso, especialmente durante o importante simposio internacional que se celebrará no outono de 2023, coincidindo coa apertura do Centre d'études Picasso en París.

O acto contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González.

Documentos: