Presentación e inauguración da exposición temporal "Arquitecturas que falan do seu tempo"
ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña
PATROCINA: Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
LUGAR: Salón de actos do Museo
DATA: Mércores, 6 de novembro de 2024
HORA: 18:00h
O vindeiro mércores 6 de novembro de 2024, ás 18:00h, preséntase a mostra "Arquitecturas que falan do seu tempo".
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición comisariada por Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier, na que se recollen as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade.
O acto contará coa presencia do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque e os comisarios da mostra.
Proximamente máis información: "Arquitecturas que falan do seu tempo"
Documentos:
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Nota de prensa | 1.15 MB |