Taller Fotográfico

TALLER FOTOGRÁFICO NO MUSEO

Os fotógrafos Lúa Ribeira e André Cepeda protagonizan os primeiros talleres vinculados á mostra Percorrer o tempo que organiza a Xunta de Galicia no porto coruñés.

taller foto

 

  • As sesións, dirixidas a profesionais e afeccionados da fotografía, terán lugar no Museo de Belas Artes o sábado 18 e domingo 19, previa inscrición na páxina web do museo.
  • O obradoiro complétase cunha conferencia o sábado 18 ás 18,00 horas, con entrada libre ata completar aforo, na que ambos artistas exporán os seus traballos.
  • As actividades forman parte do programa da exposición Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño, que se inaugurará a vindeira semana no porto coruñés.

A fotógrafa Lúa Ribeira, primeira galega na Axencia Magnum, e o portugués André Cepeda, de extenso percorrido internacional, serán os protagonistas dos primeiros talleres vinculados á mostra Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño (Xacobeo 21-22 / Xunta de Galicia), comisariada por Nicolás Combarro, que se exhibirá na Mariña da Coruña entre o 17 de setembro e o 6 de novembro de 2021.

As sesións, dirixidas tanto a profesionais como a afeccionados da fotografía, terán lugar nas xornadas do sábado 18 e do domingo 19 entre as 10,00 e as 14,00 horas no Museo de Belas Artes; nelas, os artistas abordarán a súa metodoloxía de traballo e revisarán a das persoas asistentes. Cómpre ter en conta que para asistir é preciso inscribirse previamente enviando ao correo electrónico mu.belas.artes.difusion@xunta.gal o formulario sito na páxina web do museo.

As actividades deseñadas ao abeiro desta exposición complétanse cunha conferencia na que Lúa Ribera e André Cepeda exporán os seus traballos. A cita terá lugar o sábado a partir das 18,00 no propio museo e a entrada será libre ata completar aforo.

Estas iniciativas encádranse na mostra Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño que a Xunta de Galicia, co apoio da Fundación “la Caixa”, promove para achegar diversas perspectivas das Rutas Xacobeas a través da ollada de dez artistas do eido audiovisual.


+info: teléfono do museo (881 881 700) en horario de 9,00 a 14,00 horas.

Formulario de preinscrición