VISITAS ESCOLARES CURSO 2024-2025
VISITAS ESCOLARES
INICIO DA INSCRICIÓN PARA O CURSO 2024-2025: 10 DE SETEMBRO
Coa chegada do novo curso, continuamos a proposta de VISITAS DIDÁCTICAS ao Museo de Belas Artes da Coruña. De carácter gratuíto, terán lugar entre o 22 de outubro do 2024 e o 20 de xuño do 2025 de martes a venres. Dunha hora e cuarto de duración, realizaranse en dúas quendas distintas: ás 10:00h e ás 11:30h, recibindo ao mesmo tempo ata a dúas aulas de 25 alumnos.
A colección permanente do museo é o recurso co que plantexamos unha serie de actividades nas que abordaremos aspectos da nosa realidade social e o mundo que nos rodea. Estas propostas temáticas están deseñadas tendo en conta os contidos curriculares de cada etapa.
Podedes consultar a nova programación didáctica a través da web do museo
Para organizar unha visita ou realizar algunha colaboración podedes poñervos en contacto con nós a través das seguintes canles:
Teléfono: 881 881 700
Correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.