
O retrato
O retrato foi un xénero que González Pascual cultivou durante toda a súa vida, aínda que durante os anos setenta é cando se concentra a súa maior produción. Do mesmo xeito que o resto da súa pintura, os retratos van evolucionando desde fondos neutros e tenebrosos, ata unha iluminación na que se mantén a falta de decoración e de atributos persoais.
González Pascual dedicou moita atención ao único xénero no que representa a figura (ademais de nos seus debuxos), figuras que aparecen illadas, nunca en grupo, como totais protagonistas da obra, asentadas sobre un espazo creado unicamente co uso da luz e rodeada da atmósfera que a envolve.
Outras temáticas: natureza, bodegón, estudo