Trátase dun bestiario simbólico no que describe as súas propias metáforas enlazadas co primitivismo e o medievalismo. Todo iso con animais reais e
imaxinarios que son plasmados con tinta marrón. Estilisticamente, reflíctese a influencia do estilo románico, con aqueles códices e libros miniados que trataban de recompilar todos aqueles seres que formaban parte do mundo animal. No seu bestiario, Luís Seoane recolle unha compilación de seres híbridos, farrapentos e mesmo divertidos, que forman parte do imaxinario poético gráfico e simbólico de Galicia.
Obras:
Edicións Ellena Rosario, Argentina, 1965