Os Caprichos culminan unha de década vital para Goya: é nomeado pintor de cámara de Carlos IV, establece relación coa duquesa de Alba e supera unha grave enfermidade que lle deixará practicamente xordo.
A amplitude de temas tratados poderían simplificarse en 4 grandes bloques:
- O engano nas relacións home/muller: cortexos, prostitución, e casamentos desiguais ou de conveniencia.
- Unha sátira á mala educación e a ignorancia: falsas crenzas, supersticións, malos oficios e as súas asnerías.
- A condena dos vicios latentes, principalmente da Igrexa e a Inquisición.
- Os abusos de poder arraigados nos estamentos estado, igrexa e xustiza.
Para unha adecuada interpretación das estampas resultan indispensable os aforismos breves e concisos que Goya coloca aos pés de cada gravado, proporcionándonos unha primeira lectura do tema.
O Museo de Belas Artes da Coruña custodia un depósito da Deputación da Coruña de 80 gravados correspondentes cunha edición do ano 1937 realizada pola Calcografía Nacional durante a II República en honra ao XX aniversario da URSS.
Obras: