Pérez Villaamil, Jenaro

Ferrol (l)
-
03/02/1807
Madrid (m)
-
05/06/1854

Jenaro Pérez Villaamil y Duguet (Ferrol, 1807 - Madrid, 1854). Na súa infancia, aos cinco anos, ingresou como cadete no Colexio Militar de Santiago de Compostela, onde o seu pai, Manuel Pérez Villaamil exercía de profesor de Topografía, Fortificación e Debuxo. Entre 1819 e 1821 trasladouse a Madrid coa súa familia onde fixo estudos literarios. En 1823, ante a invasión prol absolutista francesa incorporouse ao exército do goberno liberal, caeu ferido e foi enviado como detido a Cádiz. Nesta cidade comezou a asistir ás clases da Academia de Belas Artes como discípulo de José García. Xa liberado, tras abandonar a carreira militar, permaneceu en Cádiz ata 1830. Nesta época realiza algúns óleos nos que se percibe a influencia prerromántica. Son momentos, nos que o artista tentaba afastarse dos convencionalismos clasicistas que definían o paisaxismo do dezaoito, alcanzando, cos seus dotes de colorista e a súa habilidade compositiva, certa fama como pintor. Así, en 1830 foi solicitado desde Porto Rico para realizar as decoracións do Teatro San Juan que despois se chamará Teatro Tapia.

Villaamil regresa a España en 1832 e establécese en Madrid aínda que volverá a Andalucía, en Sevilla coincide co pintor e ilustrador escocés David Roberts e Villaamil non oculta a súa atracción polos seus monumentais escenarios que ás veces derivaban cara ao fantástico. Tralo seu contacto co escocés, a paleta de Villaamil gana en fluidez e enriquécese con novas tonalidades, adoptando o estilo que vai definir o resto da súa carreira e que pronto lle converteu na principal figura da paisaxe romántica española. En 1834 establécese en Madrid, é unha época na que se relaciona con intelectuais como Pastor Díaz, Espronceda, José Zorrilla e con pintores como Esquivel ou José Gutiérrez de la Vega. Desde Madrid relizou a miúdo saídas nas que foi recollendo nos seus debuxos apuntes de arquitecturas e paisaxes. É ademais, o momento en que, trala aparición dos Bosquexos pintorescos de España, de David Roberts, nace en Villamil a idea de publicar unha obra similar, a España Artística e Monumental. Unha mostra da asimilación por Villaamil das maneiras de David Roberts, é que, nas súas viaxes pola xeografía española unha vez tomados do natural os apuntamentos, despois no seu estudo introduce variacións orográficas ou arquitectónicas a fin de que o tema interesase e emocionase ao espectador.

A finais de 1840 viaxou cara a París, onde contactaría con María Cristina e outros españois exiliados trala subida ao poder de Espartero. Pasa logo a Bélxica e non deixa de vixiar en París o desenvolvemento da súa obra editorial e así en 1842 ten lugar a publicación do primeiro tomo do seu España Artística e Monumental, unha das máis belas obras ilustradas do romanticismo español, pois os dous seguintes aparecerán en 1844 e 1850.

Terminada a súa estancia parisiense, establécese a continuación en Bruselas e visita outras cidades belgas, como Lieja. A continuación percorre Holanda, volve a París e regresa a España en 1844, percorrendo o País Vasco, Navarra e Aragón. En 1845 alcanza o grao de tenente director da Academia de San Fernando e é designado primeiro profesor da recentemente creada Cátedra de Paisaxe. Nesta época realiza lenzos de temática oriental, que mostraban o seu gusto polo exótico e polas civilizacións pasadas, en especial as visións da historia medieval. En 1846 viaxa de novo a París e volve a continuación a España e inicia unha viaxe artística a Asturias, pasando por Valladolid e León. Entre os anos 1848 e 1952 realiza numerosas viaxes artísticas: varias polo norte da Península e por Valencia e Andalucía. Durante o verán de 1849 percorre as provincias da Coruña e Pontevedra e volverá a Galicia en tres anos sucesivos. Tras un último percorrido polo País Vasco falece en Madrid en 1854.

En canto á súa relación con Galicia, hai que destacar o seu apoio á fundación da Real Academia de Belas Artes na Coruña, así como a súa pertenza ao comité destinado a inventariar a riqueza artística e arqueolóxica de Galicia.

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Ábside de San Juan de Amandi (#101 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Antigua iglesia de Almeiras (#83 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Castillo de Andrade (#71 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Castillo de los Churruchaos (#106 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Claustro de Santa Engracia en Zaragoza (#3928 - Estampa - Papel - Litografía)
  • Crucero de Lema y Capilla de Don Sancho (#80 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • El puente de Infiesto (#98 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • En el monasterio de Benevívere (#3931 - Estampa - Papel - Litografía)
  • Enorme Puentedeume (#86 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Entrada de la ría de Betanzos (#87 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Entrada del coro en la clausura del Monasterio de las Huelgas de Burgos (#3925 - Estampa - Papel - Litografía)
  • Interior de la catedral de Villafranca del Bierzo (#6209 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • La fábrica de Trubia (#102 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • La Graña (#82 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • La maya en Logos. Mariñán (#76 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • La Peregrina desde la Herrería (#105 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Playa de Bueu en el acto de recoger el pescado (#109 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Ponte do Porco. El alpendre (#72 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Pórtico de la iglesia de Santiago de Bilbao (#6210 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Porto. Marín (#95 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Retrato de D. José Vilar (#2894 - Cuadro - Lienzo - Pintura al óleo)
  • Ría de Puentedeume (#73 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Ruinas del Convento de Sto Domingo en la Alameda (#107 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • San Juan de Amandi (#100 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • San Juan de Caabeiro (#77 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • San Miguel de Lillo (#99 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Santa María de Betanzos (#79 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Santa María. Coruña (#74 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Santiago del Burgo (#89 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sepulcro del cardenal Mendoza en la catedral de Toledo (#3926 - Estampa - Papel - Litografía)
  • Sepulcro del Infante D. Alonso en la Cartuja de Miraflores (#3924 - Estampa - Papel - Litografía)
  • Sepulcros de San Francisco de Pontevedra (#6208 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Vista de los Churruchaos y Santa María desde la barca en Pontevedra (#108 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Vista del castillo de Priorio (#104 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Vista del castillo de Priorio (#103 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Vista del Monasterio de Caaveiro (#6212 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)