Imaxe:

Torre de Hércules

Cronoloxía:
13/01/1849

Trátase dun bosquexo rápido e á vez descritivo e realista no que se representa unha vista panorámica tomada desde un alto, coa Torre de Hércules como elemento máis destacado e coas rías de Ferrol e A Coruña ao fondo. No debuxo figuran anotacións da man do pintor identificando a topografía local e unha indicación sobre a incidencia da luz, un tipo de notas habituais nos seus debuxos que lle servían para o seu traballo no estudo. Este apuntamento atópase na liña de tantos outros que creou para ilustrar en forma de litografías A España Artística e Monumental, realizada entre 1842 e 1850. Esta paisaxe pode considerarse como parte da fase preparatoria do Álbum da primeira viaxe a Galicia que leva a cabo nos primeiros días de xaneiro de 1849 e que inicia en Cambre o día 8. Estamos ante un debuxo que pertence ao momento de plena eclosión do romanticismo e dos álbums de viaxes.

Folla técnica

Número de inventario:
5185
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
13/01/1849
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Arquitectura e monumentos
Paisaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Encadernacións Ex-Libris S. L. (01/10/2002)
Historial:

Formaba parte dun lote de apuntamentos e acuarelas do autor que se puxo á venda de forma disgregada nos dous últimos anos e cuxos propietarios eran descendentes directos do pintor. Este debuxo pertenceu ao legado que recibiu o seu bisnieto José María Pérez Villaamil Batista.

EXPOSICIÓNS:
Ano 2008: A Coruña, a cidade na arte. Museo de Belas Artes. A Coruña

Medidas:
Papel: Altura = 303 mm; Anchura = 396 mm
Técnica:
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo