DISTRITO 15002 Arte | Comunidade | Cultura

Quendas do 5 ao 28 de novembro de 2019
-
Mañá ou tarde, segundo as quendas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración c
Monitor:
Jaime Capilla
Público:
Adulto
Prazas:
Limitadas, con inscrición pre
Prezo:
De balde
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

DISTRITO 15002

Arte | Comunidade | Cultura

Un proxecto co que descubrir, explorar e compartir a historia da cidade da Coruña a través do museo.

 

Deseña e imparte: Jaime Capilla (Lugo, 1984). Mediador e xestor cultural, titulado en Historia da arte, con estudos de posgrao en xestión cultural e educación en museos.

 

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

 

Lugar: Salón de actos do museo e espazos exteriores

Público:Adulto

Prazas: Limitadas, con inscrición previa

 

Datas e grupos do proxecto (NOVEMBRO 2019):Grupo 1 - Martes 5, 12, 19 e 26 de 11:30 a 13:30 h.Grupo 2 - Mércores 6, 13, 20 e 27 de 17:30 a 19:30 h.Grupo 3 - Xoves 7, 14, 21 e 28 de 11:30 a 13:30 h.Grupo 4 - Xoves 7, 14, 21 e 28 de 17:30 a 19:30 h.

 

Prazas limitadas, que se asignarán por rigurosa orde de inscrición.

O prazo de confirmación de praza remata o día 3 de NOVEMBRO.

Para formalizar a túa inscrición debes cubrir este formulario.

 

 

DISTRITO15002 é un proxecto de mediación cultural do Departamento de Didáctica do Museo de Belas Artes da Coruña, que nace co obxectivo de dar a coñecer a historia e o patrimonio do museo e da cidade dende o século XIX. Unha oportunidade para descubrir, explorar e compartir xuntos/as a cidade a través da cultura e da súa historia.

 

A través das catro xornadas teremos a oportunidade de coñecer:

-    -- O antigo convento das Capuchinas, a historia e a arquitectura do Museo de Belas Artes, así como a súa colección.

-      - A evolución urbanística da cidade nos últimos douscentos anos a través de diversos documentos: planos, fotografías, cadros, proxectos, etc. Faremos unha visita pola contorna do museo para descubrir a arquitecturas desaparecida, e as que todavía permanecen.

-       - Como era o ocio e a actividade cultural da Coruña dende o século XIX ata a actualidade.

  -   - O papel da muller e a súa situación na vida cotiá da cidade.

 

Durante as catro xornadas traballaremos a nosa creatividade e exploraremos a cidade para crear un mapa no que poidamos reflexar parte da nosa propia vida e historia na cidade.

Dende DISTRITO15002 tamén queremos dar a coñecer os proxectos e a actividade cultural que se artellan hoxe en día nesta parte da cidade.