Cutanda y Toraya, Vicente
Vicente Cutanda y Toraya (Madrid, 1850-Toledo, 1925). Estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1884 gana, por oposición, o concurso de profesor de debuxo na Sociedade Cooperativa de Obreiros de Toledo, cidade á que se traslada e á que dedicaría case toda a súa produción pictórica e os seus desvelos, participando activamente na Comisión de Monumentos e en labores de restauración. Foi membro correspondente da Real Academia de Belas Artes desta cidade. Por contacto co seu amigo o pintor Ricardo Arredondo, a quen coñecera en París e que era partidario do realismo social, abandonou o preciosismo ao Meissonier e inclinouse pola pintura realista e plenairista, cun gran compoñente social, o que se mostra en obras como Epílogo e Unha folga en Biscaia. Cutanda trasladouse a Bilbao, parece ser que viviu en Baracaldo, onde coñece a realidade das fábricas e industrias que deixará plasmada nos seus lenzos. Co lenzo de enorme forza revolucionaria, A Folga de obreiros en Biscaia, gaña a Medalla de Primeira Clase na Exposición Internacional de Madrid de 1892. A obra de Cutanda é unha das máis representativas do realismo social do século XIX e da vida nos Altos fornos de Biscaia.