Imaxe:
Epílogo
Folla técnica
Número de inventario:
4901
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1895
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (30/11/1995)
Historial:
Estivo depositado na Escola de Artes e Oficios da Coruña, por R.O. desde 1896 a 1988. Posteriormente estivo depositado no Arquivo do Reino de Galicia, por O.M. desde 1988 a 1995.
Depositado no Museo de Belas Artes da Coruña por O.M.desde 1995.
EXPOSICIÓNS
Arte y transformaciones sociales en España (1885-1910)
Madrid, Museo Nacional del Prado
21.05.2024 - 22.09.2024
El Tragaluz Democrático. Política de vida y muerte en el Estado Español (1868 - 1975)
Madrid, Sala de Exposiciones La Arquería Nuevos Ministerios
24.03.2023 - 23.07.2023
Zaragoza y Aragón: Encrucijada de Culturas
Zaragoza, Lonja de Zaragoza
05.06.2008 - 19.10.2008
Sagasta y el liberalismo español
Madrid, Fundación BBVA
15.12.2000 - 15.04.2001
Medidas:
Con marco: Altura = 110,6 cm; Anchura = 186 cm; Profundidade = 9,5 cm
Lenzo: Altura = 77 cm; Anchura = 145 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Vista de conxunto do interior dunha fábrica de metalurxia na que o pintor, cunha linguaxe directa e a modo de reporteiro, plasma o momento en que un obreiro ferido/morto é retirado da contorna fabril. E ademais, facendo uso dunha paleta escura e gris recrea con todo verismo o interior da fábrica deixando ver a crueza do traballo nos curtidos obreiros e a súa resignada aceptación dun destino tráxico, ademais de deixar rexistrada a temperá incorporación dos nenos ao mundo laboral nese momento.
Cutanda é un artista moi interesado polo proletariado que chega ás zonas industriais do País Vasco, ao que vai converter en protagonista de moitos dos seus cadros. A súa obra de tema laboral, especialmente da metalurxia, é unha das máis representativas do realismo social español do século XIX.