Datas, Alberto
Alberto Datas Panero (A Coruña, 1935-Madrid, 2007). Alberto Datas inicia a súa formación na Coruña ata ingresar en 1956 na Escola de Belas Artes e Oficios, acudindo paralelamente ao estudo do acuarelista Mariano García Patiño. Ingresa despois na Escola de Belas Artes de San Fernando ata 1961, ano no que acode á Escola de Belas Artes de Venecia a estudar pintura mural. Posteriormente estuda na Academia Española de Roma desde 1965 ata 1968. A esta ampla formación engádese unha longa experiencia no ámbito docente, primeiro na Escola de Belas Artes de San Fernando e despois na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense.
A súa traxectoria artística estivo marcada por unha constante procura de novos horizontes conceptuais e expresivos. Asimilando as novas tendencias creativas da segunda metade do século XX : A gestualidad de Jackson Pollock, o expresionismo, a abstracción con tinguiduras surrealistas de Ashile Gorky, o gusto polo garabato aprendido do Grupo Cobra, creou unha poética pictórica persoal que concedía gran importancia ao impulso persoal e á percepción vital, que mostrou habitualmente en lenzos de grandes dimensións. A partir de mediados dos anos setenta o pintor abandona a organización compositiva tradicional e as referencias ás figuras e á paisaxe, e pasa a introducir o xesto persoal na pincelada. Alberto Datas foi considerado como un referente polos artistas galegos do grupo Atlántica cos que colaborou na década dos anos oitenta: Antón Patiño, Xesús Vázquez, Francisco Leiro, Menchu Lamas, Reimundo Patiño ou Ánxel Huete, entre outros. Este grupo ejemplificó a actitude rupturista e vangardista nas formulacións expresivas e Datas contribuíu a definir a filosofía do atlantismo dentro do espírito internacionalista.