Pertencente a un período de madurez, Rosalía representa un paso máis na intensificación do expresionismo respecto a etapas anteriores. Nesta obra convive a abstracción cunhas suxerencias figurativas en forma de rostros e figuras humanas delimitadas por trazos brancos e negros, que se superpoñen a un fondo indefinido de cores e manchas, converténdose en estruturas simbólicas, unha especie de magma onde o ser humano fusiónase indisolublemente co medio. Así, o autor retorna á diferenciación entre o lineal e o cromático que xa empregara na década dos 70, para acentuar as ambivalencias entre a figuración e a abstracción.
Desde o punto de vista técnico, esta monumental composición é traballada a través de manchas alongadas, cunha actitude expresionista e gestual que, no caso dos brancos, como escribe Simón Marchán, parecen ser lanzados contra o lenzo indefenso, deixando notar os rastros do goteo e das manchas yuxtapuestas e contrapostas. Neste proceso no que recorre ao automatismo como método de traballo, a cor adquire un especial protagonismo, agudizado polo dramatismo que provoca o contraste entre os brancos e os negros, salpicados de amarelos, negros e azuis.