Imaxe:

Cabeza

Autores/as:
Cronoloxía:
1983

Os cadros de tons escuros de finais dos anos setenta dan paso ao triunfo da cor a inicios dos oitenta. Entón, o pintor métese no tema das cabezas, que será recorrente na súa obra. Cabezas con ou sen rostro, colocadas no eixo compositivo do cadro, invaden case todo o espazo logrando unha intensidade expresiva a través do gran formato e do vibrante cromatismo. Considérase á cabeza representada neste lenzo como unha das máis naturalistas da serie, as liñas delimitan o rostro da figura que aínda conserva a forma orgánica e os valores volúmetricos.

O tema das cabezas foi un dos motivos predilectos para moitos artistas de ascendencia expresionista e informalista do século XX, que vían nel unha forma de recuperar unha icona clásica, símbolo do equilibrio e a beleza ideal, para subvertelo e interpretalo desde unha subxectividade moderna

No caso concreto de Alberto Datas, a presenza da cabeza constitúe unha constante iconográfica esencial. Abordou este tema ao longo de toda a súa vida, xa fóra de maneira illada, como vemos aquí, ou en forma dunha especie de mosaicos de rostros, executados a principios de 2000 e que titula Cabezas. Dada a súa recorrencia obsesiva, é evidente que este motivo representou para o autor un tema de profunda complexidade semántica. Como sinala Xavier Seoane, con esta cabeza de 1982 entramos de cheo no territorio hierático da máscara que, co paso dos anos, xurdirá en non poucas ocasións para desvelar, en clave de humor, unha realidade ferida ou violenta, dun feísmo intencionado.

Desde o punto de vista formal, evolucionou desde representacións como esta que, aínda que sometida ás desviacións plásticas propias do expresionismo, mantén certos signos naturalistas. De feito, as súas liñas delimitan aínda un rostro reconocible, definindo os seus valores volumétricos e as formas orgánicas da modelo, e conservando una certa solidez formal que aínda non se ha desintegrado en trazos gestuales.

Máis adiante, a composición irase desmaterializando, para converter aos rostros en meras estruturas lineais que emerxen sobre un fondo indiferenciado de cores e manchas. Así, a medida que nos achegamos ao presente, as cabezas perden entidade, as súas siluetas tórnanse máis abstractos e aparecen entrelazadas cos trazos promovidos polos arrebatos da acción pictórica.

Folla técnica

Número de inventario:
6375
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Abstracción
Autores/as:
Cronoloxía:
1983
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito. Familia Datas.
Medidas:
Lenzo: Altura = 195 cm; Anchura = 130 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro