Sainz y Saiz, Casimiro

Matamorosa
-
1853
Madrid (m)
-
1898

Casimiro Sainz y Saiz (Matamorosa, Cantabria, 1853-Madrid, 1898). Pintor especializado en paisaxes, tamén cultivou o retrato e a pintura de xénero. De orixe humilde, comezou a pintar e a debuxar por mor dun accidente que lle produciu unha coxeira á idade de quince anos. Despois, grazas a unha pensión da Deputación de Santander, puido trasladarse a Madrid, onde tivo oportunidade de estudar primeiro con Vicente Palmaroli, e despois con Carlos de Haes na Escola de Belas Artes de San Fernando. 

Obras do/a autor/a