Imaxe:
Retrato de Señora
Folla técnica
Número de inventario:
274
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1879
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Historial:
Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939).
O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico.
Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito.
O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña.
O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes.
Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1998: Antolóxica de Casimiro Sainz. Sedes: Museo Municipal de Belas Artes de Santander e Centro Cultural Conde Duque, Madrid.
Medidas:
Con marco: Altura = 59,2 cm; Anchura = 51,5 cm; Profundidade = 4,5 cm
Táboa: Altura = 34 cm; Anchura = 27 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Retrato de dama realizado ao aire libre e de corpo enteiro. Casimiro Sainz conxuga nesta obra dous aspectos que persisten na súa arte, o tratamento da paisaxe, con acentuadas evanescencias e filtracións de luz diáfana que lle achegan un aire de modernidade á vez que lle afastan de preceptos tardorrománticos. E, deixa impresa no lenzo a captación dun instante, circunstancia que contribúe a infundir na figura unha maior naturalidade.
Dentro do ámbito da cultura burguesa que se está desenvolvendo ao longo do século XIX, a práctica do deporte é considerada como un elemento de promoción máis dun status de distinción, modernidade e boa saúde. A equitación, aínda que un deporte antigo e de minorías aristocráticas, neste momento promociónase nos manuais de urbanidade describindo incluso a indumentaria que se debe usar. A súa práctica conleva substituír o corpiño e aparatoso polisón por un traxe de amazona como o que viste a retratada, composto por pezas máis confortables como a chaqueta, camisa, saia longa e o chapeu de copa. Do mesmo xeito que a indumentaria para bicicleta (pantalón bombacho) van supoñer un incipiente avance na liberación da figura feminina cara a tendencias máis cómodas e que dan liberdade, concepto este que entronca co debate cultural sobre o papel da muller na sociedade daquel momento.