Taibo González, Germán

Coruña (A) (l)
-
27/01/1889
París
-
14/02/1919

Germán Taibo González (A Coruña, 1889-París, 1919). Taibo é o membro da Xeración Doente galega menos coñecido por vivir toda a súa traxectoria vital e artística no estranxeiro. Considéraselle o potenciador do modernismo na pintura galega e, como os seus compañeiros de xeración, viu a súa carreira artística truncada pola súa morte prematura. Sendo neno os seus pais deciden trasladarse á capital arxentina, onde Taibo recibirá as súas primeiras clases de pintura na Escola de Belas Artes de Buenos Aires debido á súa insólita vocación artística. Grazas ao desenvolvemento dunha gran destreza recibirá o apoio dunha muller que lle custeará a ampliación dos seus estudos en París, centro da renovación artística do momento. Germán Taibo instalará alí o seu taller e comezará a súa evolución artística. Viaxará sobre todo por Francia, a lugares como Provenza ou Bretaña, traballando na paisaxe e nos postulados impresionistas da luz e a cor. Volverá a España en poucas ocasións, a unha exposición en Madrid celebrada en 1916 e durante o período no que retorna coa súa familia á súa cidade natal, A Coruña, refuxiándose das consecuencias da guerra europea. Unha vez finalizado o conflito decide volver a París onde falece por mor da epidemia de gripe aos trinta anos de idade. A súa evolución artística defínese como un neo academicismo, na que non abandona os seus estudos do natural, do movementos ou o tratamento dos bodegóns, xunto ao desenvolvemento moderno do impresionismo sobre todo nos aspectos técnicos. A súa obra darase a coñecer en Galicia nunha exposición realizada na súa honra en 1947.

Obras do/a autor/a