Imaxe:
Desnudo
Folla técnica
Número de inventario:
246
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1917
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Rodríguez Pastor, Antonio (10/08/1946)
Historial:
Referencias que aparecen na parte posterior do cadro: Exposición de Arte Galega de Buenos Aires/ 1919/ Comité organizador na Coruña/ Nomee e Apelidos do expositor: Antonio Taibo (a man)/ Dirección e residencia: A Coruña (a man)/ Título da obra: Espido (a man). Restos da ETIQUETA, Museo Belas Artes da Coruña- Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
EXPOSICIÓNS
Ano 1980. 1ª Exposición de Pintores Galegos dos Ss. XVII ao XIX. Fundación Caixa Vigo. Sede: Sala de exposicións de Caixa Vigo. 19 Febreiro- 4 Marzo.
Ano 1983- 1984. Homenaxe a Pintores Coruñeses. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. Decembro 1983- Xaneiro 1984.
Medidas:
Con marco: Altura = 84,2 cm; Anchura = 74,5 cm; Profundidade = 4 cm
Lenzo: Altura = 64,5 cm; Anchura = 55 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Figura de muller de medio corpo, sentada de perfil e espida. Germán Taibo, tras unha estancia en Buenos Aires, en 1906 trasládase a París onde completa a súa formación artística e desenvolve toda a súa actividade pictórica ata que lle sorprende a morte. É un momento en que en París triunfa a moda impresionista e Taibo é coñecedor das súas técnicas, e será sobre todo un gran admirador da pintura de Manet especialmente dos seus modos de representar os espidos femininos que transmiten unha imaxe do corpo máis real e próximo, afastado desa imaxe idealizada da pintura europea da segunda metade do XIX.
A pesar de que a arte española decimonónica contaba cunha parca representación do espido, durante o primeiro terzo do século XX alcanza un gran desenvolvemento nos máis variados estilos. Germán Taibo aínda que fincado en París, contribúe ao seu despregamento facendo uso dunha técnica moderna de matices impresionistas pero aplicada a unha figuración que se mantén aínda realista.