Imaxe:
Desnudo
Folla técnica
Número de inventario:
247
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1914
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Rodríguez Pastor, Antonio (10/08/1946)
Historial:
EXPOSICIÓNS
Ano 1919: Exposición de Arte Gallega de Buenos Aires.
Ano 1997. Galicia Terra Única. Consellería de Cultura e Comunicación Social. Sede: Estación Marítima. Vigo. Julio-Outubro.
Medidas:
Con marco: Altura = 76 cm; Anchura = 135 cm; Profundidade = 3,1 cm
Lenzo: Altura = 58 cm; Anchura = 117 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Diversas teas de vivas cores e un grande abanico aberto decorado con temas chinescos, están colocados sobre a parede e o leito no que está deitada unha muller nova. Taibo é coñecedor das técnicas impresionistas e será, sobre todo, grande admirador da pintura de Manet especialmente dos seus modos de representar os espidos femininos, que transmiten unha imaxe do corpo máis real e próxima, afastada da imaxe idealizada da pintura europea da segunda metade do XIX. A pesar de que a arte española decimonónica contaba cunha parca representación do espido, durante o primeiro terzo do século XX alcanza gran desenvolvemento nos máis variados estilos. Taibo aínda que establecido en París, contribúe ao seu despregamento facendo uso dunha técnica moderna de matices impresionistas pero aplicada a unha figuración que se mantén aínda realista.