Imaxe:
Casas
Folla técnica
Número de inventario:
5242
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1971
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 62,3 cm; Anchura = 79,5 cm; Profundidade = 4,3 cm
Taboleiro: Altura = 38,5 cm; Anchura = 54,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Un elemento case permanente nas paisaxes retratadas por Antonio Tenreiro son as casas, habitualmente esquematizadas e reducidas a figuras xeométricas triangulares e cadradas. Baixo ese sentimento urbanístico, posiblemente froito da súa profesión como arquitecto (actividade que compaxinou coa de pintor durante varias décadas), compón os espazos en base a planos de cores puras realizando unha lectura da paisaxe non só descritiva senón tamén expresiva. Ademais, coa entrada dos anos setenta prodúcese unha renovación na súa pintura que se fai moito máis vital, colorista e definindo as formas cunha linguaxe máis pausada que na etapa anterior. Por entón son frecuentes os picados e perspectivas aéreas como esta, moitas veces tomadas nun primeiro plano, pero sen chegar a pechar totalmente o espazo, que se vai ampliando ao introducir a liña do horizonte.