Tristán, Luis
Luis Tristán de Escamilla (Toledo, 1580/1585-Toledo, 1624). Ignórase de onde lle vén o apelido Tristán que usa a partir de 1611. Con anterioridade utilizara o apelido materno Escamilla. No "Libro donde se escriben los nombres de los Oficiales de este Arzobispado" de Toledo comparece Tristán como -pintor extranxeiro-. O apelido parece ser flamengo ou francés e non é raro que o seu pai tivese esa procedencia. Palomino noméao como discípulo do Greco e consta que está vinculado a este pintor. O contacto co cretense e a presenza de Orazio Borgianni en Toledo, confirmada, en 1604, polo citado Libro, movérono a coñecer directamente Italia. Por Jusepe Martínez sabemos que Tristán partiu para Roma en compañía de Ribera. O 10 de maio de 1612 atópase de novo nesta cidade onde traballa ata a súa morte. O influxo do Greco permanece sempre na súa pintura, sobre todo no alongamento das figuras, pero o seu coñecemento do tenebrismo caravaggiesco en Roma fai que o seu estilo avance en dirección naturalista.