Imaxe:

Abertura horizontal

Autores/as:
Cronoloxía:
1980

Abertura horizontal, pertence a unha longa e frutífera etapa da produción de Silverio Rivas, que nace como consecuencia da súa experiencia, trasladada ao bronce, coa cerámica articulada que comezou a realizar por mor da súa estadía na fábrica de cerámicas de Sargadelos durante os anos 1976 e 1977. Nesta serie de obras descobre que a posibilidade de apertura lle permite acceder ao interior dos volumes; unha procura que levou implícito un complexo proceso tecnolóxico e investigador. A peza, que transita dende a posición pechada ata diversas opcións de apertura, vai xerando múltiples posibilidades estéticas, formais e expresivas, á vez que permite ao espectador a súa manipulación, partindo do momento estático para descubrir un crecemento dinámico nas súas diversas posibilidades de mutación. Trátase dunha peza poliforme, coma se fosen varias esculturas nunha.

Folla técnica

Número de inventario:
5652
Materia / Soporte:
Bronce
Contexto cultural / Estilo:
Abstracción
Autores/as:
Cronoloxía:
1980
Clasificación:
Escultura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Rivas, Silverio (30/10/2008)
Medidas:
Altura = 160 cm; Anchura = 50 cm; Profundidade = 30 cm
Técnica:
Fundido
Obxecto:
Escultura

Multimedia

Imaxe:
Imaxe: