Imaxe:

Azucreiro

Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera Época)

Azucreiro de corpo circular con base moldurada e bordo superior rematado en forma de semipanza. Ten tapa con destacada á e pomo de factura lisa.
A decoración estampada nun azul cobalto impregna de cor o fondo da peza substituíndo a súa brancura por unha tenue cor azulada.
O corpo decórase con dúas viñetas do mesmo motivo: un ramo de rosa con grandes follas dentadas e varios caraveis. Acompáñase, nos bordos superior interno e na tapa, por orla de plantas trepadoras.
O procedemento mediante o cal se consegue a impregnación do fondo modificando a brancura da peza, utilizábase en Inglaterra desde principios do XIX, en lugares como Staffordshire e coñecíase co nome de flow- blue.

Folla técnica

Número de inventario:
913
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera Época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Vexetal
Motivos florais
Orla vexetal tipo rubideira
Procedencia:
Asignación. Compra: Fariña, José (09/07/1948)
Medidas:
Altura = 11,5 cm; Diámetro = 13,4 cm
Recipiente: Altura = 8,5 cm; Diámetro = 13,4 cm
Tapa: Altura = 5 cm; Diámetro = 12 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Cocción
Vidrado
Obxecto:
Azucreiro