Imaxe:

Bote de farmacia

Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera Época)

Bote para botica con tapa estampado en negro. A decoración do recipiente ten como motivo central un conxunto de instrumental de laboratorio. Acompáñase arriba por orla de viñetas con alternancia de rosaceas e paisaxe imaxinaria con gran crátera e edificios de corte neoclásico. Remata a parte inferior cun  reberete corrido de espigas con salteado de floriñas miúdas.
A tapa repite o motivo de viñetas do modelo Góndola e coróase cun pomo en forma de piña na mesma cor.

Folla técnica

Número de inventario:
4141
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera Época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Orla de viñetas modelo Góndola
Instrumentos científicos
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.
NOTAS:Faltas no bordo e tapa restaurada.

Medidas:
Altura = 27 cm; Diámetro = 13,8 cm
Recipiente: Altura = 18,8 cm; Diámetro = 13,8 cm
Tapa: Altura = 9,5 cm; Diámetro = 13,5 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Cocción
Vidrado
Obxecto:
Bote de farmacia