Imaxe:

Cafeteira

Cronoloxía:
1870-1875 (Cuarta época)

Cafeteira de bordos ondulados, corpo modelado en hélice e tapa con pomo. A decoración estampada en negro, repártese polo centro nunha ampla banda na que se repite dúas veces unha mesma escena idílica campestre.
O bordo superior interno e externo da boca, base, asa, tapa e pico decóranse con orla de grilanda de flores silvestres variadas. 
Durante o século XVIII e XIX a difusión de produtos estimulantes como o té ou café ata ámbitos da burguesía máis aló do mundo aristocrático, vai repercutir na elaboración de recipientes adecuados para o seu uso, por iso é polo que nas distintas fábricas prolifera a presenza de teteiras chocolateiras ou estilizadas cafeteiras como esta, realizadas mediante a técnica do colado.

Folla técnica

Número de inventario:
4187
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1870-1875 (Cuarta época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Escena campesiña
Orla de flores silvestres
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

 

Medidas:
Altura = 26 cm; Lonxitude = 24,5 cm; Anchura = 15,5 cm
Cafetera: Altura = 22,9 cm; Lonxitude = 24,5 cm; Anchura = 15,5 cm
Tapa: Altura = 8,5 cm; Diámetro = 9,5 cm
Técnica:
Moldeado por coado
Moldeado por presión
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Cafeteira