Imaxe:
Cañotas
Folla técnica
Número de inventario:
752
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1914
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Real Academia Galega de Belas Artes (14/08/1947)
Historial:
Ano 1951. Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. Concello da Coruña. Sede: Palacio Municipal. 9 de Setembro.
EXPOSICIÓNS
Ano 1980. 2ª Exposición de Artistas Galegos. Sede: Sala de Exposicións de CaixaVigo. 14- 31 de Marzo. Vigo.
Ano 1983- 84. Homenaxe a Pintores Coruñeses. Deputación Provincial. Sede: Colexio Calvo Sotelo. A Coruña. Decembro 83- Xaneiro 84.
Ano 1984. Pintura do S. XIX nas Institucións. Sede: Quiosco Alfonso, A Coruña 21 Xuño- 5 Xullo.
Ano 1985. Impresionistas Galegos. Concello da Coruña. Sede: Kiosco Alfonso. 15 Xuño- 5 Xullo.
Medidas:
Con marco: Altura = 77,4 cm; Anchura = 53,4 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 65,2 cm; Anchura = 41,2 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Alfredo Souto dedícase profesionalmente á maxistratura o que motiva que sexa destinado a diferentes cidades españolas ademais das galegas Pontevedra, Lugo ou A Coruña. Esta circunstancia deixa pegada no seu quefacer artístico ao incorporar en cada lugar aquelo que lle impresiona de particular.
Formado inicialmente no realismo de Román Navarro, en Madrid entra en contacto co ambiente creado arredor da figura de Carlos de Haes e as súas saídas a plein air, para facer copias do natural.
Esta obra de pequeno formato é o máximo expoñente desa captación do verídico. A frondosidade, a robustez dos troncos cos seus nós, o seu desgarro e infestación de liques, e todo plasmado a través dunha pincelada de trazos soltos derivada da súa singular apreciación do impresionismo francés.
Este retrinco de paisaxe realista permítelle a Souto ir abrindo camiño cara a unha variante galega da paisaxe, pode ser un retrinco de calquera -souto- do interior de Galicia. É dicir, á traslación óptica débese engadir a recreación do ambiente xeográfico anímico e atmosférico, de cores escuras densas que suxiren frio, humidade unha visión que enlaza coa meteoroloxía galega e en definitiva coa esencia xeo-climática de Galicia.