Souto Cuero, Alfredo

Coruña (A) (l)
-
14/05/1862
Coruña (A) (l)
-
06/09/1940

Alfredo Souto Cuero (A Coruña, 1862-1940). Recibe na Coruña as primeiras leccións de Debuxo e Pintura da man de Román Navarro. Licénciase en Dereito en Santiago e trasládase a Madrid onde inicia a súa formación na Academia de Belas Artes de San Fernando, na que recibe a influencia da aula de paisaxe que dirixía Carlos de Haes, que propoñía as novas formulacións de pintura ao aire libre. É destinado como maxistrado a Granada onde realiza obras nas que define a súa vocación artística en favor da paisaxe. Despois é destinado a Pontevedra onde permanece dez anos, a Lugo e Sevilla. A Coruña será o seu último destino, onde morre en 1940, cando o seu fillo Arturo, que chega a ser un dos principais artistas da súa xeración, xa estaba exiliado en Méjico. Case toda a súa produción son paisaxes de pequeno formato e habería que enmarcala dentro do carácter social-intimista, que proclama desde o realismo a proximidade aos modelos.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Florero (#612 - Pintura - Papel - Acuarela)