Imaxe:
Cleopatra
Folla técnica
Número de inventario:
3160
Materia / Soporte:
Barro cocido
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1903
Clasificación:
Escultura
Procedencia:
Asignación. Compra.
Medidas:
Escultura: Altura = 9,2 cm; Anchura = 18,9 cm; Profundidade = 11,6 cm
Técnica:
Modelaxe
Obxecto:
Escultura
Representa o suicidio de Cleopatra, raíña de Exipto, que cae exánime sobre un diván ou triclinium. O seu corpo, mordido polo áspide, que serpentea na súa cadeira, esborrállase desmadexado, ofrecendo varios puntos de vista. Vai ataviada cun tocado de voitre real, un colar, un brazalete, sandalias, cunha capa saia moi ampla. O triclinium está moldurado e decorado. Hai un coxín nun dos seus laterais. Trátase dun bosquexo para unha escultura de Cleopatra.